¡Imos a escribir un conto!
jueves, 30 de diciembre de 2010
sábado, 18 de diciembre de 2010
Paleolítico
Os nosos antepasados vivían en cavernas e alimentábanse do que cazaban, pescaban e recoletaban. As peles dos animais usábanas para facer roupa que os abrigaba. Posteriormente descubriron o lume o que usaban para cociñar os alimento e para quentarse os días de frío.
Estas persoas eran nómades xa que tiñan que desprazarse a par que o facían os animais (como o mamut).
Como utensilios para realizar as actividades cotiáns como era a caza usaban pedras pulidas e talladas, madeira e osos.
martes, 14 de diciembre de 2010
Neolítico
Posteriormente aparecerá a agricultura e a gandería plo que conseguirán eles mesmos producir os seus alimentos polo que estas persoas se convertiron en sedentarias (non se desprazan continuamente). Pouco a pouco fóronse construíndo os primeiros pobos e organizáronse en tribos. Neste momento apareceu a alfarería e comezáronse a elaborar teas. Os inventos máis destacados desta époco son: a roda, o arado e o tear.
viernes, 10 de diciembre de 2010
Idade dos metais
Os nosos antepasados descubriron os metais polo que os comezaron a utilizar para crear instrumentos. Os utensilios cotiás a partir deste momento foron feitos de cobre, bronce e ferro. Así aparece a metalurxia co descubrimento da fundación.
Pouco a pouco os pobos fóronse facendo máis grandes ata converterse en pequenas cidades.
domingo, 28 de noviembre de 2010
Paseniño, Paseniño
Da man do autor imos comezar unha viaxe lírica coa poeta Rosalía de Castro. Saímos de Bastavales cara aos recordos da infancia e acompañados de sereas, caracolas, pombas, dos nosos amigos animais que aparecen paseniño no camiño (o galo, a mosca, o can, a araña, o verme), sempre deixándonos abraiar pola maxia da natureza (solpores, ventos, piñeiros, néboa, chuvia...).
En cada un dos poemas descubriremos os grandes temas presentes na poesía. O fume e a néboa, os animais , as árbores, os xogos de palabras, o verso, a luz, o amor e finalmente un bloque dedicado, veladamente, a Rosalía, no cal cada poema comeza con dous versos dela.
En cada un dos poemas descubriremos os grandes temas presentes na poesía. O fume e a néboa, os animais , as árbores, os xogos de palabras, o verso, a luz, o amor e finalmente un bloque dedicado, veladamente, a Rosalía, no cal cada poema comeza con dous versos dela.
sábado, 27 de noviembre de 2010
A contar ovellas
Xan non pode durmir sen contos. Súa nai xa non llos quere contar, e mándalle que conte ovellas, pero, entre as ovellas que van e veñen, o neno consigue que a voz dun misterioso ser brillante lle cumpra o seu desexo e lle conte os relatos máis fermosos: a historia da lúa chea, a do misterioso mar das sete ondas, a dos amores do señor Matías... A contar ovellas é un libro onde a fantasía e a imaxinación se alían nuns contos magníficos, de gran orixinalidade e beleza. Uns relatos tenros e cheos de humor, que teñen a virtude de sorprendernos e engaiolarnos.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)









