miércoles, 20 de abril de 2011

A formiga coxa


Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura. O primeiro sitio ó que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a busca-lo remedio; nese traballo atopan un rato de biblioteca. Resolto o feitizo, a rexedora da cidade regálalles un estoxo de coiro que contén unhas tesoiriñas, unha agulla e un coitelo. Continuando a viaxe, as tres amigas, ás que se unirá o rato de biblioteca, caen presas dos fanáticos. Gracias ás tesoiriñas e mais ó coitelo de prata conseguen escapar da trampa. Chegan logo a unha illa onde todo é moi pequeno. Todos andaban moi preocupados buscando a princesiña Hipatia que xa levaba un día sen aparecer. As tres amigas conseguen encontrala despois de adiviña-lo esconxuro para abrí-la entrada dunha cova subterránea. Finalmente, nun val preto da praia de Estorde, encontran aquel lugar que andaban buscando.

viernes, 15 de abril de 2011

A nosa vila

O noso municio pertenceu a un señorío nobiliario dende a Idade Media e posteriormente eclesiástica ata que a mediados do século XIX, alcanzou a súa idependencia. Sen embargo, non é ata a década dos cuarenta cando se desenvolve o actual núcleo urbano en torno a un importante mercado e cruce de camiños.
Tras a Guerra Civil Española o municipio converteuse nunha das principais zonas mineiras de Wolframio (servía para crear armas) que foi levado a Alemaña.
O río Xallas que nace no seu térmo municipal, cruza estas terras de noroeste a suroeste.
A actividade agrícola e gandeira é unha das principais actividades económicas do municipio aínda que na capital do municipio se desenvolve unha intensa actividade comercil e do sector industrial.
Actualmente, o noso concello é o cuarta localidade de Galicia coa renta per cápita máis alta da comunidade, por detrás de A Coruña, Oleiros e Avión.

martes, 12 de abril de 2011

Personaxes ilustres do noso concello

Frei Basilio Río Brenlla "O padre Basilio".
Naceu o 5 de outubro de 1913 en San Salvador e finou en Xerusalén, onde foi soterrado segundo a súa vontade o 17 de outubro de 1994. Entre 1927 e 1930 cursou os estudos humanísticos no seminario franciscano de Herbón (Padrón) e vestiu o hábito da orde de San Francisco o 30 de xullo de 1930. Despois de estudar teoloxía en Santiago de Compostela, ordenouse sacerdote o 6 de xuño de 1941. Durante nove anos desempeñou o oficio de organista e dedicouse á ensinanza desta materia. Simultaneou este labor co de administrador dos centros franciscanos de Ponteareas e Herbón, así como o traballo apostólico coa xuventude Antoniana da vila de Ponteareas. O 6 de novembro de 1950 incorpórase á Misión de Terra Santa, a "pérola das misións" no dicir dos seguidores do santo de Asís. Alí, primeiro durante oito meses presta servizo no Santo Sepulcro, e logo é destinado á Procura Xeral de Terra Santa, no convento de San Salvador, onde permanece por espazo de 30 anos, co que acada o grao de procurador xeral (1968-1981). Ó mesmo tempo entre 1951 e 1962 foi corista custodial e sempre traballou en Palestina nas obras de beneficiencia, nomeadamente como membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. Rematado o seu período como procurador en Terra Santa foi superior no Santo Sepulcro (1981-1983), en Betania (1983-1990) e en Caná de Galilea (1990-1993). 

José Baña Pose "Pepe Xan Baña".

Naceu o 4 de xaneiro de 1872 no lugar de Varilongo (lugar dunha única vivenda), onde a terra é mina e sabe a volframio, e morreu na Habana (Cuba) o 16 de outubro de 1945 cando contaba con 73 anos. Foi o poeta máis popular da Terra de Xallas. Asistiu á escola intermitentemente durante tres anos ata que con 17 anos, concretamente o 17 de agosto de 1889, emigrou para A Habana.
Comezou traballando nunha adega, só 18 días, e ós tres anos da súa chegada xa estaba estudando para cura, aínda que abandonou os estudos cando lle faltaba moi pouco para rematar, motivado "polos abusos, a hipocrisía e a dobre moral da Igrexa no seu tempo" como demostra a "Carta ós curas de Santa Comba" escrita en idioma galego. Aínda que o coñecemento e denuncia dos males da igrexa non lle impedirían ser un bo católico practicante, iso si, un católico crítico, que defendía o celibato opcional dos curas. Acadou o título de mestre de instrución pública e con el impartiu docencia en diversos lugares da illa caribeña, onde tivo o seu derradeiro destino, na escola do barrio de Cayajabos, preto dun lugar chamado Artemisa, na provincia de Pinar del Río. Colaborou literariamente no célebre "Diario de la Marina" e participou no ambiente cultural do Centro Galego da capital cubana. Mantivo admiración e amizade con Manuel Curros Enriquez, gran poeta civil da Galicia do século XIX.
Como outros tantos paisanos, os seus últimos tempos pasounos na sociedade dos galegos "La Benéfica", da que era socio de honra e na que recibiu tódalas atencións e coidados médicos necesarios. Os seus restos descansan no Panteón do Centro Galego do Cemiterio de Colón da cidade da Habana. Case sempre escribiu na súa lingua orixinaria e a única ocasión na que volveu á terra natal foi no ano 1921, cando contaba con 49 anos.

domingo, 10 de abril de 2011

¿Qué é a Pedra Branca?


A Pedra Branca e o nome que lle dan os habitantes do noso pobo ao monte que hai ao carón da nosa vila. Pero, qué significa a palabra monte? Entendese por monte todo terreo no que a vegetación está composta por especies forestais arbóreas, arbustos, matorrais e toxeiras, que cumplan ou poidan cumplir funcións ambientais, protectoras, productoras, culturais, paisaxísticas ou recreativas.

sábado, 9 de abril de 2011

¿Qué atopamos na Pedra Branca?
A paisaxe típica que nos ofrecen os montes da nosa contorna teñen certos elementos característicos que fan especiais ditos lugares.

 Vexetais





O toxo










A silveira







O carballo












O piñeiro









Animais









O esquío













O ourizo








O rapaso







A lebre

viernes, 8 de abril de 2011

O toxo

O toxo é un arbusto que podemos ver na maioría dos montes galegos. Trátase dun arbusto moi espiñento duns 0,6 a 2 metros, con moitos talos ramificados, asurcados ou acostelados. A rama do toxo está formada, por puntiagudas agullas verdes e flores amarelas (chorima) que posúen un suave aroma.
Dise que unha soa pranta pode producri 20000 semillas as cales poden esperar uns 70 anos sin xerninar, esperando o momento idóneo para facelo. Cando hai unha debastación dun terreo (por un incendio por exemplo) o toxo é o primeiro en repoboar o solo.
En Galicia hai tres tipos de toxo, está é a razón pola que se dí que en Galicia, e dende logo é certo, o toxo sempre está en flor.