sábado, 22 de enero de 2011

O Imperio Romano

Nos seus inicios, Roma só era una pequena cidade - Estado de Italia. Pero os romanos pronto comezaron a conquistar e dominar outros pobos. Así crearon en pouco tempo un enorme imperio, e os territorios conquistados fóronse convertendo en provincias romanas. Para poder administralas mellor, os romanos construíron calzadas e fundaron cidades onde se asentaron soldados.
 
Restos romano en Galicia

Existen diferentes elementos arquitectónicos construídos polos romanos na nosa comunidade. Hoxe en día podemos ver por exemplo:
O faro romano (Torre de Hércules) de A Coruña, a muralla romana que hai en Lugo,a ponte romana de Ourense ou as Burgas que hai nesta cidade.
No noso concello tamén quedaron restos romanos como a ponte que hai sobre o río Xallas a altura de Brandomil.


Faro romano de A Coruña







Ponte romana de Ourense



Muralla de Lugo








Ponte romana de Brandomil

domingo, 2 de enero de 2011

As momias

 
Os antigos exipcios crían firmemente que despois da morte, no máis alá, seguirían vivindo co seu vello corpo. Así que momificaban os cadáveres para que non se descompoñerán. Para elo extraían os órganos internos. Logo aplicábanlle ao corpo certos produtos como a sosa, e finalmente os cubrían con gasas.
Unha vez lista a momia do faraón metíase nun sarcófago y despois na tumba ou pirámide acompañado dun montón de cousas como roupa, comida, ferramentas e todo o que puidera serlle útil na outra vida.