viernes, 20 de mayo de 2011

Unha pantasma branca

Na habitación dun hospital, Diego e un ornitólogo conversan sobre as "damas da noite". Unha delas asustou o rapaz, que está recuperándose das feridas.
Todo comezou en Semana Santa na casa dos avós, en Penagrande, cando andaba coa súa irmá xemelga Paula polo monte e escoitaron un son misterioso procedente da torre dun antigo depósito de auga. A avoa, con medo, prohibiulles achegarse ata alí, pero non resistiron a tentación de volver. Cando Diego axexaba desde un carballo, apareceu de súpeto un paxaro enorme que provocou a súa caída ao chan co susto. Como non se daba movido, unha ambulancia recolleuno e no hospital puxéronlle catorce puntos na caluga. Cando Paula confesou que viran a pantasma branca, a curuxa con cara como de persoa, patas como de can e garras como unha aguia, todos os veciños foron na procura daquel paxaro temido pois a súa presencia era presaxio de morte ou desgracia para quen a vise ou os seus familiares. E dun disparo mataron a curuxa, que saíra voando. Logo, escacharon os cinco ovos que tiña no niño, con restos de ratos.
Alternando con este relato, unha curuxa macho, Bocabranca, nacida en Alemaña, conta cómo aprendeu a voar e cazar. Botándose ao camiño, veu parar onda Pinguiñas, unha branca e silandeira raíña da noite, unha curuxa femia fermosísima, que o convidou a vivir con ela na torre da auga e desde entón tiñan alí o seu fogar perfecto. Ela puxo cinco ovos, dos que non se quería apartar para darlles calor e ter os seus primeiros fillos. Ata que ocorreu a desgracia. Triste e soa, Bocabranca resístese a abandonar o niño cos ovos reducidos a cascas.
Cando saíu do hospital, Diego, atopou paseando polo monte unha curuxa macho mansiña. Levouna para a casa da avoa. Aínda que esta, horrorizada, non quere nin vela, acaba aceptándoa e axúdalle a curala, pois está ferida e sangra. Ao rematar as vacacións, Diego céibaa: marcha voando, brillante como unha pantasma branca. Cando volva á aldea terá nela unha amiga.

jueves, 19 de mayo de 2011

UNIDADE DIDÁCTICA 15: GA' HOOLE
UNIDADE DIDÁCTICA 14: WALL-E
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RÍO
UNIDADE DIDÁCTICA 12: BALTO, A LENDA DO CAN ESQUIMÓ
UNIDADE DIDÁCTICA 11: BICHOS

UNIDADE DIDÁCTICA 9:COLEGAS NO BOSQUE


UNIDADE DIDÁCTICA 8: AS AVENTURAS DE SAMMY A TARTARUGA


UNIDADE DIDÁCTICA 7: A VOLTA O MUNDO EN 80 DÍAS









Videos de Willy Fog - 26 "Decisión final" - VXV :: Tu Sitio de Videos
UNIDADE DIDÁCTICA 6: VAMOS Á LÚA
UNIDADE DIDÁCTICA 4: A IDADE MEDIA 





UNIDADE DIDÁCTICA 3: O IMPERIO ROMANO





UNIDADE DIDÁCTICA 2: GRECIA





UNIDADE DIDÁCTICA 1: PREHISTORIA




martes, 10 de mayo de 2011

Cantarolas

Os primeiros doce poemas cos que empeza o libro son da autoría de Anisia Miranda e os vinte restantes de Xosé Neira Vilas. Teñen moitos aspectos en común, especialmente o contorno en que se moven e mesmo algúns tratamentos formais.
Son poemas de estructuras moi sinxelas, relacionados directamente na súa forma coa literatura popular e cheos de ritmo e musicalidade; descritivos ás veces e intimistas outros, amosan o grande amor á terra dos autores e son quen de toca-las cordas máis sensibles dos lectores e das lectoras.
Salienta de xeito especial a constante presencia do medio natural do noso país, relacionando os seus elementos, especialmente no caso dos poemas de Neira Vilas, con asuntos de fondo contido social, como a igualdade, a liberdade, a emigración, o traballo, etc.
Discorren polos poemas do libro animais como a ra, o cabalo, os grilos, as bolboretas ou a xoaniña; e outros elementos da natureza como o río, a chuvia, o sol, o carreiro, os espantallos ou as árbores. Describense, cun léxico moi rico e preciso, intensas sensacións que son lamentablemente alleas en xeral ós rapaces e rapazas do medio máis urbano.

jueves, 5 de mayo de 2011

Ota quere voar

Esta historia lévanos a compartir as sensacións dunha gaivota dende o seu nacemento ata a madurez. A gaivota protagonista axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que a cada momento se lle presentan. A súa curiosidade e ansias por aprender, así como o interese por todo o que a rodea, fai que sexa confiada e decidida, o que lle traerá algún que outro problema. Un día, engaiolada ante un castelo de area que uns nenos constrúen na praia, distráese e non pode evitar que a capturen; desa maneira verase abocada a vivir en catividade, pero recuperará a liberdade. Como veremos, tratarase dunha vida plena de arriscadas aventuras.

lunes, 2 de mayo de 2011

Sedna, a deusa do mar

Nunavut, a nena protagonista destas aventuras, pertence a un dos pobos máis lendarios da Terra, os esquimós, un pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións e cunha peculiar cultura onde o real e o suprarreal están intimamente vencellados.
No ano desta historia o verán amosárase benigno pero a pesca escaseara. No outono o mar comezara a xearse antes do que adoitaba, e iso significaba que o inverno se ía adiantar. Para sobrevivir, homes e mulleres terían que saír cazar baleas. Mentres tanto, os rapaces e rapazas debían quedar cos anciáns. Nunavut iría xunta Helga. Cando o soubo aledouse moitísimo xa que Mama Helga era a persoa que mellor coñecía as lendas da aldea, e Sedna, a deusa do mar era unha delas. Sedna é unha fermosa moza inuit que non acepta a ningún dos seus pretendentes. Seu pai ameázaa con casala co primeiro home que se presente a pedir a súa man. Asustada, fuxe da casa unha noite subida a unha gran gaivota que ten algo de home e de anxo. Pronto descubrirá que tamén de demo. Lévaa á Illa dos Paxaros e convértea na súa prisioneira, ata que un día vai seu pai buscala. Cando volven, o pai tolea ao ser perseguido por infinidade de paxaros no medio dunha gran tormenta, e bótaa ao mar. Cando ela tenta subir ao barco, el córtalle os dedos pola primeira articulación e cada un deses anacos convértese nun animal que xamais existira antes: unha balea. Ela segue a aferrarse ao bazo e el volve cortarlle o resto dos dedos, e de cada un deses anacos nacerá unha foca. Sedna afúndese converténdose nunha especie de serea que será a raíña das augas ou Deusa do Mar.

miércoles, 20 de abril de 2011

A formiga coxa


Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura. O primeiro sitio ó que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a busca-lo remedio; nese traballo atopan un rato de biblioteca. Resolto o feitizo, a rexedora da cidade regálalles un estoxo de coiro que contén unhas tesoiriñas, unha agulla e un coitelo. Continuando a viaxe, as tres amigas, ás que se unirá o rato de biblioteca, caen presas dos fanáticos. Gracias ás tesoiriñas e mais ó coitelo de prata conseguen escapar da trampa. Chegan logo a unha illa onde todo é moi pequeno. Todos andaban moi preocupados buscando a princesiña Hipatia que xa levaba un día sen aparecer. As tres amigas conseguen encontrala despois de adiviña-lo esconxuro para abrí-la entrada dunha cova subterránea. Finalmente, nun val preto da praia de Estorde, encontran aquel lugar que andaban buscando.

viernes, 15 de abril de 2011

A nosa vila

O noso municio pertenceu a un señorío nobiliario dende a Idade Media e posteriormente eclesiástica ata que a mediados do século XIX, alcanzou a súa idependencia. Sen embargo, non é ata a década dos cuarenta cando se desenvolve o actual núcleo urbano en torno a un importante mercado e cruce de camiños.
Tras a Guerra Civil Española o municipio converteuse nunha das principais zonas mineiras de Wolframio (servía para crear armas) que foi levado a Alemaña.
O río Xallas que nace no seu térmo municipal, cruza estas terras de noroeste a suroeste.
A actividade agrícola e gandeira é unha das principais actividades económicas do municipio aínda que na capital do municipio se desenvolve unha intensa actividade comercil e do sector industrial.
Actualmente, o noso concello é o cuarta localidade de Galicia coa renta per cápita máis alta da comunidade, por detrás de A Coruña, Oleiros e Avión.

martes, 12 de abril de 2011

Personaxes ilustres do noso concello

Frei Basilio Río Brenlla "O padre Basilio".
Naceu o 5 de outubro de 1913 en San Salvador e finou en Xerusalén, onde foi soterrado segundo a súa vontade o 17 de outubro de 1994. Entre 1927 e 1930 cursou os estudos humanísticos no seminario franciscano de Herbón (Padrón) e vestiu o hábito da orde de San Francisco o 30 de xullo de 1930. Despois de estudar teoloxía en Santiago de Compostela, ordenouse sacerdote o 6 de xuño de 1941. Durante nove anos desempeñou o oficio de organista e dedicouse á ensinanza desta materia. Simultaneou este labor co de administrador dos centros franciscanos de Ponteareas e Herbón, así como o traballo apostólico coa xuventude Antoniana da vila de Ponteareas. O 6 de novembro de 1950 incorpórase á Misión de Terra Santa, a "pérola das misións" no dicir dos seguidores do santo de Asís. Alí, primeiro durante oito meses presta servizo no Santo Sepulcro, e logo é destinado á Procura Xeral de Terra Santa, no convento de San Salvador, onde permanece por espazo de 30 anos, co que acada o grao de procurador xeral (1968-1981). Ó mesmo tempo entre 1951 e 1962 foi corista custodial e sempre traballou en Palestina nas obras de beneficiencia, nomeadamente como membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. Rematado o seu período como procurador en Terra Santa foi superior no Santo Sepulcro (1981-1983), en Betania (1983-1990) e en Caná de Galilea (1990-1993). 

José Baña Pose "Pepe Xan Baña".

Naceu o 4 de xaneiro de 1872 no lugar de Varilongo (lugar dunha única vivenda), onde a terra é mina e sabe a volframio, e morreu na Habana (Cuba) o 16 de outubro de 1945 cando contaba con 73 anos. Foi o poeta máis popular da Terra de Xallas. Asistiu á escola intermitentemente durante tres anos ata que con 17 anos, concretamente o 17 de agosto de 1889, emigrou para A Habana.
Comezou traballando nunha adega, só 18 días, e ós tres anos da súa chegada xa estaba estudando para cura, aínda que abandonou os estudos cando lle faltaba moi pouco para rematar, motivado "polos abusos, a hipocrisía e a dobre moral da Igrexa no seu tempo" como demostra a "Carta ós curas de Santa Comba" escrita en idioma galego. Aínda que o coñecemento e denuncia dos males da igrexa non lle impedirían ser un bo católico practicante, iso si, un católico crítico, que defendía o celibato opcional dos curas. Acadou o título de mestre de instrución pública e con el impartiu docencia en diversos lugares da illa caribeña, onde tivo o seu derradeiro destino, na escola do barrio de Cayajabos, preto dun lugar chamado Artemisa, na provincia de Pinar del Río. Colaborou literariamente no célebre "Diario de la Marina" e participou no ambiente cultural do Centro Galego da capital cubana. Mantivo admiración e amizade con Manuel Curros Enriquez, gran poeta civil da Galicia do século XIX.
Como outros tantos paisanos, os seus últimos tempos pasounos na sociedade dos galegos "La Benéfica", da que era socio de honra e na que recibiu tódalas atencións e coidados médicos necesarios. Os seus restos descansan no Panteón do Centro Galego do Cemiterio de Colón da cidade da Habana. Case sempre escribiu na súa lingua orixinaria e a única ocasión na que volveu á terra natal foi no ano 1921, cando contaba con 49 anos.

domingo, 10 de abril de 2011

¿Qué é a Pedra Branca?


A Pedra Branca e o nome que lle dan os habitantes do noso pobo ao monte que hai ao carón da nosa vila. Pero, qué significa a palabra monte? Entendese por monte todo terreo no que a vegetación está composta por especies forestais arbóreas, arbustos, matorrais e toxeiras, que cumplan ou poidan cumplir funcións ambientais, protectoras, productoras, culturais, paisaxísticas ou recreativas.

sábado, 9 de abril de 2011

¿Qué atopamos na Pedra Branca?
A paisaxe típica que nos ofrecen os montes da nosa contorna teñen certos elementos característicos que fan especiais ditos lugares.

 Vexetais





O toxo










A silveira







O carballo












O piñeiro









Animais









O esquío













O ourizo








O rapaso







A lebre

viernes, 8 de abril de 2011

O toxo

O toxo é un arbusto que podemos ver na maioría dos montes galegos. Trátase dun arbusto moi espiñento duns 0,6 a 2 metros, con moitos talos ramificados, asurcados ou acostelados. A rama do toxo está formada, por puntiagudas agullas verdes e flores amarelas (chorima) que posúen un suave aroma.
Dise que unha soa pranta pode producri 20000 semillas as cales poden esperar uns 70 anos sin xerninar, esperando o momento idóneo para facelo. Cando hai unha debastación dun terreo (por un incendio por exemplo) o toxo é o primeiro en repoboar o solo.
En Galicia hai tres tipos de toxo, está é a razón pola que se dí que en Galicia, e dende logo é certo, o toxo sempre está en flor.

martes, 29 de marzo de 2011

O río Xallas

O río que transcorre pola nosa vila é o Xallas que lle da nome a comarca na que vivimos. Ten unha lonxitude de 65 km de longo, un caudal de pouco máis de 13 metros cúbicos por segundo e un gran desnivel que o converte nun xerador de potencia hidráudila producida grazas as 6 centrais hidroeléctricas que hai o longo do mesmo.
Durante boa parte do seu curso, o caudal do Xallas mantiense constante grazas aos numerosos embalses que se construíron.O Xallas na súa desenbocadura precipitase nunha caída practicamente libre, de algo máis de 100 metros, á ría do Ézaro fronte ao cabo Fisterra no océano Atlántico.

lunes, 28 de marzo de 2011

¿Qué podemos atopar no noso río?
O río Xallas alberga, ao paso polo noso concello, unha vida moi rica. Poderemos atopar tanto animais como natureza típica deste ecosistema.

Animais que viven no río Xallas
 


A troita





O escalo



Insectos que viven no río




O zapateiro








O cabaliño do demo (libelula)




Os anfibios que viven preto do noso río



A rá









A salamántiga

domingo, 20 de marzo de 2011

O planeta Terra



O noso planeta terra ofrecemos diversos paisaxes naturais e artificiais onde podemos encontrar montañas, vales, ríos, cidades, etc. Aquí viven diversos organismos como son os árbores, o ser humano e moitas outras especies. A temperatura media da superficie terrestre é de uns 15 graos.
A terra posúe grandes océanos que ocupan moita máis superficie que a propia terra. Nestes inmensos corpos de auga habitan considerable cantidade de organismos e é onde se orixinou toda a vida (logro algúns corpos migraron á terra firme).
Outra parte importante do noso planeta é a súa atmósfera, a cal está composta por un conxunto de gases chamados aire. Algúsns dous gases que compoñen o aire son o osixeno e o nitróxeno. Esta sirve para resguardar aos seres vivos de algunhas amenazas como son por exemplo, os raios ultravioletas, meteoritos, etc.

jueves, 10 de marzo de 2011

¿Qué podemos distinguir no planeta Terra?

A primeira distinción que podemos facer, en relación ao planeta terra sería que este está composto por océanos e terra.

       a) Océanos: Atlántico, Índico e Pacífico
       b) Terra dividese en continentes: Asía, Europa, América, Oceanía e África.
Nos diferentes continentes podemos diferencias distintos paisaxes como son por exemplo: desearto, monte, selva e costa.

                                                  















sábado, 26 de febrero de 2011

lunes, 21 de febrero de 2011

¿Qué trouxo Cristobal Colón de América?


No viaxe a América descubrironse moitos alimentos que en Europa non existian como son por exemplo:
- As especias
- O millo
- As patacas
- Os tomates
- Os pementos
- O xirasol

jueves, 10 de febrero de 2011

Manifestación da Idade Media na Provincia de A Coruña

Na idade media realizáronse diferentes construción que perduraron ata os nosos tempos como son:



A catedral de Santiago de Compostela
O cruceiro da Nosa Vila











Igrexa da parroquia de San Pedro

miércoles, 2 de febrero de 2011

sábado, 22 de enero de 2011

O Imperio Romano

Nos seus inicios, Roma só era una pequena cidade - Estado de Italia. Pero os romanos pronto comezaron a conquistar e dominar outros pobos. Así crearon en pouco tempo un enorme imperio, e os territorios conquistados fóronse convertendo en provincias romanas. Para poder administralas mellor, os romanos construíron calzadas e fundaron cidades onde se asentaron soldados.