domingo, 28 de noviembre de 2010

Paseniño, Paseniño



Da man do autor imos comezar unha viaxe lírica coa poeta Rosalía de Castro. Saímos de Bastavales cara aos recordos da infancia e acompañados de sereas, caracolas, pombas, dos nosos amigos animais que aparecen paseniño no camiño (o galo, a mosca, o can, a araña, o verme), sempre deixándonos abraiar pola maxia da natureza (solpores, ventos, piñeiros, néboa, chuvia...).
En cada un dos poemas descubriremos os grandes temas presentes na poesía. O fume e a néboa, os animais , as árbores, os xogos de palabras, o verso, a luz, o amor e finalmente un bloque dedicado, veladamente, a Rosalía, no cal cada poema comeza con dous versos dela.

sábado, 27 de noviembre de 2010

A contar ovellas

Xan non pode durmir sen contos. Súa nai xa non llos quere contar, e mándalle que conte ovellas, pero, entre as ovellas que van e veñen, o neno consigue que a voz dun misterioso ser brillante lle cumpra o seu desexo e lle conte os relatos máis fermosos: a historia da lúa chea, a do misterioso mar das sete ondas, a dos amores do señor Matías... A contar ovellas é un libro onde a fantasía e a imaxinación se alían nuns contos magníficos, de gran orixinalidade e beleza. Uns relatos tenros e cheos de humor, que teñen a virtude de sorprendernos e engaiolarnos.

miércoles, 24 de noviembre de 2010