viernes, 20 de mayo de 2011

Unha pantasma branca

Na habitación dun hospital, Diego e un ornitólogo conversan sobre as "damas da noite". Unha delas asustou o rapaz, que está recuperándose das feridas.
Todo comezou en Semana Santa na casa dos avós, en Penagrande, cando andaba coa súa irmá xemelga Paula polo monte e escoitaron un son misterioso procedente da torre dun antigo depósito de auga. A avoa, con medo, prohibiulles achegarse ata alí, pero non resistiron a tentación de volver. Cando Diego axexaba desde un carballo, apareceu de súpeto un paxaro enorme que provocou a súa caída ao chan co susto. Como non se daba movido, unha ambulancia recolleuno e no hospital puxéronlle catorce puntos na caluga. Cando Paula confesou que viran a pantasma branca, a curuxa con cara como de persoa, patas como de can e garras como unha aguia, todos os veciños foron na procura daquel paxaro temido pois a súa presencia era presaxio de morte ou desgracia para quen a vise ou os seus familiares. E dun disparo mataron a curuxa, que saíra voando. Logo, escacharon os cinco ovos que tiña no niño, con restos de ratos.
Alternando con este relato, unha curuxa macho, Bocabranca, nacida en Alemaña, conta cómo aprendeu a voar e cazar. Botándose ao camiño, veu parar onda Pinguiñas, unha branca e silandeira raíña da noite, unha curuxa femia fermosísima, que o convidou a vivir con ela na torre da auga e desde entón tiñan alí o seu fogar perfecto. Ela puxo cinco ovos, dos que non se quería apartar para darlles calor e ter os seus primeiros fillos. Ata que ocorreu a desgracia. Triste e soa, Bocabranca resístese a abandonar o niño cos ovos reducidos a cascas.
Cando saíu do hospital, Diego, atopou paseando polo monte unha curuxa macho mansiña. Levouna para a casa da avoa. Aínda que esta, horrorizada, non quere nin vela, acaba aceptándoa e axúdalle a curala, pois está ferida e sangra. Ao rematar as vacacións, Diego céibaa: marcha voando, brillante como unha pantasma branca. Cando volva á aldea terá nela unha amiga.

jueves, 19 de mayo de 2011

UNIDADE DIDÁCTICA 15: GA' HOOLE
UNIDADE DIDÁCTICA 14: WALL-E
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RÍO
UNIDADE DIDÁCTICA 12: BALTO, A LENDA DO CAN ESQUIMÓ
UNIDADE DIDÁCTICA 11: BICHOS

UNIDADE DIDÁCTICA 9:COLEGAS NO BOSQUE


UNIDADE DIDÁCTICA 8: AS AVENTURAS DE SAMMY A TARTARUGA


UNIDADE DIDÁCTICA 7: A VOLTA O MUNDO EN 80 DÍAS









Videos de Willy Fog - 26 "Decisión final" - VXV :: Tu Sitio de Videos
UNIDADE DIDÁCTICA 6: VAMOS Á LÚA
UNIDADE DIDÁCTICA 4: A IDADE MEDIA 





UNIDADE DIDÁCTICA 3: O IMPERIO ROMANO





UNIDADE DIDÁCTICA 2: GRECIA





UNIDADE DIDÁCTICA 1: PREHISTORIA




martes, 10 de mayo de 2011

Cantarolas

Os primeiros doce poemas cos que empeza o libro son da autoría de Anisia Miranda e os vinte restantes de Xosé Neira Vilas. Teñen moitos aspectos en común, especialmente o contorno en que se moven e mesmo algúns tratamentos formais.
Son poemas de estructuras moi sinxelas, relacionados directamente na súa forma coa literatura popular e cheos de ritmo e musicalidade; descritivos ás veces e intimistas outros, amosan o grande amor á terra dos autores e son quen de toca-las cordas máis sensibles dos lectores e das lectoras.
Salienta de xeito especial a constante presencia do medio natural do noso país, relacionando os seus elementos, especialmente no caso dos poemas de Neira Vilas, con asuntos de fondo contido social, como a igualdade, a liberdade, a emigración, o traballo, etc.
Discorren polos poemas do libro animais como a ra, o cabalo, os grilos, as bolboretas ou a xoaniña; e outros elementos da natureza como o río, a chuvia, o sol, o carreiro, os espantallos ou as árbores. Describense, cun léxico moi rico e preciso, intensas sensacións que son lamentablemente alleas en xeral ós rapaces e rapazas do medio máis urbano.

jueves, 5 de mayo de 2011

Ota quere voar

Esta historia lévanos a compartir as sensacións dunha gaivota dende o seu nacemento ata a madurez. A gaivota protagonista axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que a cada momento se lle presentan. A súa curiosidade e ansias por aprender, así como o interese por todo o que a rodea, fai que sexa confiada e decidida, o que lle traerá algún que outro problema. Un día, engaiolada ante un castelo de area que uns nenos constrúen na praia, distráese e non pode evitar que a capturen; desa maneira verase abocada a vivir en catividade, pero recuperará a liberdade. Como veremos, tratarase dunha vida plena de arriscadas aventuras.

lunes, 2 de mayo de 2011

Sedna, a deusa do mar

Nunavut, a nena protagonista destas aventuras, pertence a un dos pobos máis lendarios da Terra, os esquimós, un pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións e cunha peculiar cultura onde o real e o suprarreal están intimamente vencellados.
No ano desta historia o verán amosárase benigno pero a pesca escaseara. No outono o mar comezara a xearse antes do que adoitaba, e iso significaba que o inverno se ía adiantar. Para sobrevivir, homes e mulleres terían que saír cazar baleas. Mentres tanto, os rapaces e rapazas debían quedar cos anciáns. Nunavut iría xunta Helga. Cando o soubo aledouse moitísimo xa que Mama Helga era a persoa que mellor coñecía as lendas da aldea, e Sedna, a deusa do mar era unha delas. Sedna é unha fermosa moza inuit que non acepta a ningún dos seus pretendentes. Seu pai ameázaa con casala co primeiro home que se presente a pedir a súa man. Asustada, fuxe da casa unha noite subida a unha gran gaivota que ten algo de home e de anxo. Pronto descubrirá que tamén de demo. Lévaa á Illa dos Paxaros e convértea na súa prisioneira, ata que un día vai seu pai buscala. Cando volven, o pai tolea ao ser perseguido por infinidade de paxaros no medio dunha gran tormenta, e bótaa ao mar. Cando ela tenta subir ao barco, el córtalle os dedos pola primeira articulación e cada un deses anacos convértese nun animal que xamais existira antes: unha balea. Ela segue a aferrarse ao bazo e el volve cortarlle o resto dos dedos, e de cada un deses anacos nacerá unha foca. Sedna afúndese converténdose nunha especie de serea que será a raíña das augas ou Deusa do Mar.