O río Xallas
O río que transcorre pola nosa vila é o Xallas que lle da nome a comarca na que vivimos. Ten unha lonxitude de 65 km de longo, un caudal de pouco máis de 13 metros cúbicos por segundo e un gran desnivel que o converte nun xerador de potencia hidráudila producida grazas as 6 centrais hidroeléctricas que hai o longo do mesmo.
Durante boa parte do seu curso, o caudal do Xallas mantiense constante grazas aos numerosos embalses que se construíron.O Xallas na súa desenbocadura precipitase nunha caída practicamente libre, de algo máis de 100 metros, á ría do Ézaro fronte ao cabo Fisterra no océano Atlántico.
