jueves, 5 de mayo de 2011

Ota quere voar

Esta historia lévanos a compartir as sensacións dunha gaivota dende o seu nacemento ata a madurez. A gaivota protagonista axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que a cada momento se lle presentan. A súa curiosidade e ansias por aprender, así como o interese por todo o que a rodea, fai que sexa confiada e decidida, o que lle traerá algún que outro problema. Un día, engaiolada ante un castelo de area que uns nenos constrúen na praia, distráese e non pode evitar que a capturen; desa maneira verase abocada a vivir en catividade, pero recuperará a liberdade. Como veremos, tratarase dunha vida plena de arriscadas aventuras.